O seu nome científico é Asphodelus albus Miller, outros nomes que recibe poden ser, entre outros, Gamón, asfodelo, abrótega, abórtene, abriota, abródiga, abrota, abrótea, abrótena, abrotia, abrótiga, herba do gando, ouropesa… É unha planta de raíz vivaz, pertencente á familia das liliáceas de Decandolle. Ten as follas longas, parecidas ás dos allos; o seu tallo é liso, a modo dun xunco, e remata nun racimo espigado de flores amontoadas. Medra nos soutos e ladeiras, e entre os toxos . Florece na primavera. As súas follas, fervidas, serven de alimento ós porcos; o tallo, despois de seco, empregábase para dar luz. Da unhas sementes do mesmo tamaño e forma que os guisantes, de cor castaño ou pallizo. As raíces dos agucios son fariñosas e pódese facer un pan moi ordinario e obter certo alcohol. Aínda que nalgún caso a planta se describe como comestible, en ningún caso se aconsella o seu consumo polo contido de sustancias tóxicas
-
Novas
Axenda
marzo 2021 L M X J V S D « Sep 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31