Historia

Unha tradición Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van a dar comezo as festas parroquiais. Un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!.

Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días á captura destes … habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faránse o máis grandes posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois …. namentres haxa lume haberá festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica….).

Tamén se farán fachas máis pequenas que serán as encargadas de iluminalo camiño na procesión á “cima” do Castro da Besta, dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias ó redor. Segundo contan os nosos antigos a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda ós deuses para agracederlles as boas colleitas. Quedades todos convidados a visitar este folión, que ben seguro, vos fara vivir momentos inesquencibles e máxicos …