O Castro da Besta

O Castro da Besta está situado no Lugar de A Besta, na parroquia de San Martiño de Vilelos, é o punto máis alto dela con 566 metros. Na actualidade a visibilidade dende a croa está bastante limitada polas árbores que medan ó seu redor, aínda así, pódense ver as parroquias máis cercanas e tamén lugares de outros concellos como pode ser Taboada, Chantada e Paradela, entre outros.