A Igrexa

A Igrexa de Vilelos foi construída en dúas etapas, entre os anos 1730 e 1780.

Na primeira etapa edificaron o presbiterio, coro e parte da nave. Construída en pedra de propiaño ben traballado, ten dous arcos e canecillos pola parte sur, copia do románico.

A segunda etapa, en 1765 edificouse o resto da nave e espadana do campanario, feita a contrata a un maestro de obras de Becerreá. O retábulo do altar maior é feito en madeira.

Pola parte norte está situada a sacristía, anexo o coro e foi construída ó principio do século XX.

Anexa pola parte sur conta coa capela-panteón de Stª Catalina, construída en 1631 por D. Antonio González de Sober i Ulloa, coengo penitenciario da Catedral de León. Ao fin do século XIIX pasou á familia Santiago Pardo Díaz, natural de Parga e a súa dona Rosario Otero Naya, natural de Cambre, falecida en Vilelos en 1942. No 1954 pasou ó poder da súa filla, Lucía de Prado Otero que no ano 1994 donou á Igresa de San Martiño de Vilelos.