A Parroquia

Enclavada en pleno centro da Ribeira Sacra, atópase a parroquia de San Martiño de Vilelos, con unha extenión de 630 hectáreas. Limita, ó norte, coas parroquias de Vilaesteva e Segán, ó sur con San Sadurniño de Piñeiró e San Fiz, ó éste con Santigo de Xuvencos e novamente Vilaesteva e ao oeste coa parroquia de Santa Eulalia de Rebordaos e San Estevo de Ribas de Miño.

Na actualidade conta con 160 veciños e os lugares pertencentes á parroquia son: San Martiño, O Puntillón, Vilelos, Pedras, Santa Mariña, Casanova, Susmil, Lamagrande, A Besta, Carrancova, As Campazas, Vilaseco, O Quintairo, Vilar de Quevedo e Santa Cruz.

O río Sardiñeira, famoso polas súas troitas, tamén limita ó norte coa Parroquia de San Martiño de Vilelos, facendo nalgún punto de linde entre parroquias.